Cando o gato mira de esguello

Ninguén tiña a Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro por home de bo siso. Algúns dicían que certas quenturas sufridas cando neno lle deixaran como espetada entre as cellas unha eiva que lle privaba rexer ben; outros eran do parecer de que a fonte dos seus males viña de máis atrás, do mesmo nacemento, cando á parteira da Senra lle esborrexera o meniño e esnafrara contra o chan do dormitorio do pazo da Rúa Nova; e el mesmo, Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro, consciente ata certo punto da súa excentricidade, entendía que co aquel do seu nome non se podía ser doutra lei. Aínda así, se nalgunha cousa uns e outros estaban de acordo, era en que un algueiro se lle atravesara nos miolos e non lle deixaba caletrar de xeito.

Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) é autor de traballos de investigación histórica, mormente relacionados con Mondoñedo, literaria e de promoción turística. Colaborador habitual na prensa galega, os seus traballos (artigos, reportaxes, entrevistas, críticas…) están esparexidos por numerosos xornais e revistas do país. Abordou tamén o guión documental. No tocante á creación literaria, ten publicado relatos e unha novela breve. Cando o gato mira de esguello foi a súa primeira novela longa.

Cando o gato mira de esguello
Xe Freyre
978-84-15166-28-3
312 páxinas
Edición impresa 18 €

Comments (1)

A cidade dos anxos

Na Cidade dos Anxos, capital mística dun país remoto, vive Roi, un singular estudante universitario. Mocidade louca, luces de neón, buguinas, tellados, unha virxe sensual e magoada, diamantes no ceo, confusión. Porén, aí están os anxos para…
Esta novela, como a vida mesma, é unha singradura, unha viaxe, unha odisea. O navío intérnase en océanos vastos, en ríos sanguineos, da nosa xeografía. O navío é unha procura, a procura da vida.

Ricardo C. Mora naceu no concello de Poio no ano 1970. Estudou maxisterio en Pontevedra e logo psicoloxía en Compostela. Despois dunhas estadías en Londres e París, dedicouse á psicoloxía social. Na actualidade exerce de mestre. Publicou a novela Oito días nunha existencia violácea na editorial Laiovento e Prosas inmaculadas en Morgante.

A cidade dos anxos
Ricardo C. Mora
978-84-15166-26-9
208 páxinas
Edición impresa 14 €
Edición ebook 11,20 € dispoñible aquí

Comentarios

Curros Enríquez e os gansos

Da mesma maneira que hai varios ríos que veñen desaugar no gran río chamado Pai Miño, unindo nel todas as súas correntes, así tamén os diversos gansos e gansas deberían unirse uns cos outros e formaren parellas e mesmo, entre todos, unha gran e potente tribo.

Bernardino Graña (Cangas, 1932), catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio, desde os dezaoito anos formou parte, con Celso Emilio Ferreiro, do Consello de Redacción da revista Alba. Foi premiado varias veces nas Festas Minervais de Santiago. En 1958 participa na fundación do Grupo Brais Pinto e publica o seu primeiro libro. Foi o impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Curros Enríquez e os gansos
Bernardino Graña
978-84-15166-27-6
80 páxinas
Edición impresa 10 €
Edición ebook 9,60 € dispoñible aquí

Comentarios

Do revés

Este é un disparatado intento de explicar o Universo e a vida. Tiven a desvergonza de poñelo en verso, marabillado polo incesante brillo dos astros e a estupefacción elemental que supón estar vivo. Algúns foron inspirados por nenos e nenas que me contan cousas do seu día a día; outros xurdiron da chistera do ilusionista nada. Só pretendo prender a faísca da alegría, aínda que tamén dispón dun oco para a tristeza, porque ambas son irmás que van collidas da man. Un poema levarache a unha illa perdida no océano do noso interior, onde te agardo. Supoño que quererás saber algunha razón pola que considero que o debes mercar. Non a hai. Iso depende de ti. Abre o libro ao chou. Le uns versos. Se algún che fai sorrir, dareime por satisfeito. Coidado!, debes ver cos ollos do primeiro neno que ergueu a cabeza cara ao firmamento.

Santiago Freire (Moaña, 1972) estudou filoloxía e dedícase profesionalmente á edición. Ó longo da súa vida participou en diversos certames poéticos e gañou algúns deles. Aínda que habitualmente escribe para lectores adultos, este é o seu segundo poemario dedicado ós lectores infantís, ámbito no que se desenvolve con gran solvencia.

Do revés
Santiago Freire
978-84-15166-29-0
68 páxinas
Edición impresa 10 €
Edición ebook 8 €, dispoñible aquí

Comments (1)

Café só

Café só. En cunca. En vaso de nocilla. Con azucre e conversa. Ou amargo como a vida.
O baleiro. As esperanzas. O mundo do outro lado do teléfono.
Café. E soa. E o tempo a pasar…

Anabel Alonso López naceu nas Pontes de García Rodríguez en 1968. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como bibliotecaria no concello das Pontes. A literatura sempre formou parte esencial da súa vida. Participou en grupos teatrais universitarios e obradoiros literarios. Colabora coa Asociación de Estudos Históricos Hume, coa Asociación Cultural Alende e co Grupo Poético Alalá. A lectura é dende nena a súa principal afección.

Café só
Anabel Alonso López
978-84-15166-25-2
96 páxinas
Edición impresa 12 €
Edición ebook 9,60 € dispoñible aquí

Comments (5)

A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000)

A obra A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000) explica de xeito detallado o proceso para construír unha embarcación de madeira de xeito practicamente artesanal, segundo o legado dos nosos antepasados. Este manual amplía o material que xa existe sobre a carpintería de ribeira, e ten o valor engadido de vir acompañado de fotografías, ilustracións e gráficos. Así mesmo, achega información sobre os mestres construtores en Galicia, con fotografías destes e dos seus barcos.

José M.ª de Juan-García Aguado é doutor enxeñeiro naval e catedrático de E. U. do Departamento de Construcións Navais da Universidade da Coruña. Desenvolveu unha ampla actividade profesional no estaleiro Astano S. A. de Ferrol e realizou traballos de investigación no ámbito da arquitectura naval en madeira.

A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000)
José M.ª de Juan-García Aguado
978-84-15166-18-4
216 páxinas, 24 €

Comentarios

O gran Meaulnes

O gran Meaulnes é a única novela escrita por Alain-Fournier en 1913, na que se relata a historia de Augustin Meaulnes buscando o seu amor perdido. Respondendo a esquemas romanticistas, o protagonista impulsivo, temerario e heroico lánzase cara ao descoñecido para recuperar o mundo misterioso e inalcanzable que separa a infancia e a idade adulta.
Este libro está considerado unha das mellores obras da literatura francesa dos últimos séculos. Foi traducido ao galego por Camiño Noia.

O gran Meaulnes
Alain-Fournier
978-84-15166-06-1
234 páxinas, 16 €

Comentarios

O pouso do tempo

A obra O pouso do tempo de Iain Colquhoun amosa unha selección de fotografías tomadas ao longo de varios anos pola xeografía galega. Este fotógrafo reflicte unha visión fugaz dunha parte da cultura galega: traballadores do campo, animais, vivendas, carros, hórreos, camiños, pontes…

Iain Colquhoun. Naceu en Gloucestershire, Inglaterra en 1948. Pouco despois a familia mudouse a Londres, onde pasou a súa xuventude. Estudou artes gráficas e comezou a súa vida laboral como corrector de probas nunha editorial en Oxford, antes de volver a Londres para traballar como deseñador de libros e despois nunha axencia de publicidade. En 1982 visitou Galicia por primeira vez e volveu encantado. En 1983 casou cunha galega e instaláronse definitivamente en Galicia en 1991. É afeccionado á fotografía dende moi novo. Tiña doce anos cando o seu avó, fotógrafo en Swansea, Gales, lle deu unha Kodak Brownie Box Camera.

O pouso do tempo
Iain Colquhoun
978-84-15166-24-5
88 páxinas, 12 €

Comentarios

Elos

A obra Elos de Paula Gómez del Valle recolle unha selección de fotografías de personaxes, paisaxes e obxectos que a autora realizou desde unha orixinal óptica. Cada imaxe vai acompañada dun texto literario que lle dá un valor engadido a este libro de fotografía.

Paula Gómez del Valle. Nazo en Ourense no 74. Dende que teño memoria as cámaras forman parte da miña vida, xa que dei cun pai afeccionado e apaixonado pola fotografía. No comezo do instituto, a cámara Pentax K-1000 convértese na miña eterna compañeira e así empezan as miñas aprendizaxes máis serias nas técnicas desta arte. Tendo un pai mentor con laboratorio na casa, a inmersión neste incríbel mundo é para sempre.

Elos
Paula Gómez del Valle
978-84-15166-12-2
76 páxinas, 12 €

Comentarios

O vervo xido

O vervo xido, a semellanza do esperanto de L. Zamenhof, é labor sincrético dos anónimos e corriqueiros arghinas, enxeñeiros da xerga, responsábeis da escolma e criba de sementes léxicas de etimoloxía diversa (castelán, catalán, francés, italiano, latín, portugués, vasco… e, por suposto, o galego). Mais, a diferenza do esperanto, o vervo nunca aspirou a ser unha lingua internacional, senón o código hermético destes habelenciosos e cosmopolitas construtores.

Calros Solla. Nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho.

Contacto: «ratorabisaco@yahoo.es»
«oembigodobecho.blogspot.com»

O vervo xido
Calros Solla
978-84-15166-21-4
256 páxinas
Edición impresa 20 €
Edición ebook 16 € dispoñible aquí

Comments (3)

« Previous Entries
Olark Livehelp