Memorias dunha viaxe improvisada. De Betanzos a Nápoles en 1899

O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a Phileas Fogg, Rogelio Borondo partira canda dous amigos cara a Francia, Suíza e Italia nunha viaxe que se fixara na mesma véspera da súa saída, tal como se declara no prólogo.

Aínda que o autor reclama a benevolencia dos lectores e lles pide que non busquen no texto un elevado estilo literario, o relato resulta fascinante ó presentar ante os nosos ollos a experiencia dun viaxeiro galego de hai máis de cen anos.

Rogelio Borondo (1864-1935) foi un betanceiro emprendedor que emigrou á Arxentina a finais do século XIX. Alí, ademais de facer unha fortuna que lle permitiu vivir de rendas ó seu regreso, coñeceu os irmáns García Naveira, betanceiros de prol ós que se debe o Parque do Pasatempo. Con eles compartiría o narrador e protagonista deste libro a súa Viaxe improvisada. Grazas a esta amizade entre os Naveira e Borondo, este vonverteríase no primeiro tesoureiro do Padroado que agrupaba os bens dos benefactores betanceiros na emigración.

Memorias dunha viaxe improvisada
De Betanzos a Nápoles en 1899
Rogelio Borondo
ISBN: 978-84-937816-6-8
149 páxinas
Edición impresa 12 €
Edición ebook 9,60 € dispoñible aquí

1 comentario

  1. BELEN VILLUENDAS CRIADO Says:

    13 Xuño 2010 at 5:13 p.m.

    ROGELIO BORONDO, mi bisabuelo. Tengo la gran suerte de poseer el libro que él le dedicó a su querida esposa (mi bisabuela), en el cual dejó guardadas las fotografias compradas durante el viaje. Decir que me hace mucha ilusión ésta edición es poco, por lo que gracias a edicions Morgante.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Olark Livehelp