Café só
Café só. En cunca. En vaso de nocilla. Con azucre e conversa. Ou amargo como a vida.
O baleiro. As esperanzas. O mundo do outro lado do teléfono.
Café. E soa. E o tempo a pasar…
Anabel Alonso López naceu nas Pontes de García Rodríguez en 1968. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como bibliotecaria no concello das Pontes. A literatura sempre formou parte esencial da súa vida. Participou en grupos teatrais universitarios e obradoiros literarios. Colabora coa Asociación de Estudos Históricos Hume, coa Asociación Cultural Alende e co Grupo Poético Alalá. A lectura é dende nena a súa principal afección.
Café só
Anabel Alonso López
978-84-15166-25-2
96 páxinas
Edición impresa 12 €
Edición ebook 9,60 € dispoñible aquí

Juan Lago Says:
8 Decembro 2011 at 8:36 p.m.
Fermosísimo libro, cheo de emoción contida, e de sentimentos encontrados. Nada melodramáticos, dunha sinxela fondura. Para lérmolo estando de moi bo humor…, senón pode ser «perigoso».
café | eduardo estévez Says:
12 Decembro 2011 at 2:04 p.m.
[...] tiven nas miñas mans (fugazmente) un exemplar deste libro que vén de saír do prelo e, segundo me comentan, xa está nas librarías (ou, cando menos, en [...]
Lorbaga Verde Says:
12 Decembro 2011 at 11:46 p.m.
Tamén se pode ler estando «depre»… serve de revulsivo, porque está cheo de historias de mulleres fortes, de mulleres tenras, de mulleres bravas e intelixentes que fan que o café só sexa menos amargo.
As Pontes: presentación de Café só, de Anabel Alonso | ::Axenda cultural AELG:: Says:
22 Decembro 2011 at 10:09 a.m.
[...] da Cultura das Pontes (Casa Dopeso), terá lugar a presentación da primeira obra de Anabel Alonso, Café só, libro de relatos publicado en Morgante Edicións. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; [...]
O mundo ristretto de Anabel Alonso | Criticalia Says:
23 Xaneiro 2012 at 12:51 a.m.
[...] á narrativa de Anabel Alonso en Café só polo entusiasta consello dun excelente amigo que moito aprecia a súa escrita. Contrariamente ao [...]
Microbios e outros paquidermos de Fernando Díaz-Castroverde e Café só, de Anabel Alonso | Caderno da crítica Says:
30 Xaneiro 2012 at 10:42 a.m.
[...] a primeira proposta narrativa de Anabel Alonso López (As Pontes de García Rodríguez, 1968) que realmente sabe a pouco, o que me fai pensar no [...]
A Coruña: presentación de Café só, de Anabel Alonso | ::Axenda cultural AELG:: Says:
15 Febreiro 2012 at 8:04 a.m.
[...] Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a primeira obra de Anabel Alonso, Café só, libro de relatos publicado en Morgante Edicións. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; [...]